A oposición no concello pide un "FOTOMATON"

A oposición no concello pide un "FOTOMATON"

Foi un dos rogos de membros da oposición no último pleno

No último pleno ordinario celebrado pola corporación municipal de Xinzo, membros da oposición expuxeron a situación na que se encontran ou nos encontramos os veciños de Xinzo no momento de necesitar unhas fotos tipo "carnet" para calquera renovación de documento que o necesite. Neste momento non hai ningún establecemento fotográfico aberto en Xinzo dende que pechara definitivamente "Foto Dacal".

Os membros da oposición suxeriron ao alcalde a posible instalación dun "fotomaton", para que os veciños de Xinzo e da comarca non se teñan que desprazar ata Verín ou Allariz para tal menester.

Amador contestou que esa podería ser unha solución, pero cecais fose mellor animar e anunciar que en Xinzo, xa non temos fotógrafos, cara o público, para que alguén se anime a vir a montar este negocio a nosa vila.