Xinzo aposta pola estabilidade fianceira

Xinzo aposta pola estabilidade fianceira

"A nosa prioridade é manter unhas contas saneadas e seguir ofrecendo servizos públicos de calidade sen comprometer a estabilidade financeira do municipio" -Amador Díaz


A todos os limiaos se lle escoita dicir cada vez que vai chegando o Entroido que o ano real de Xinzo é o tempo que pasa entre unha celebración do Entroido e o seguinte, polo que podemis dicir que o ano en Xinzo acaba de comezar, unha vez que rematou o deste ano, polo que iremos debullando os presupostos aprobados fai escasamente 20 días, porque ata o de agora, a "niguén", é un dicir, lle interesaban estas cuestións, pois solo se pensaba en disfraces, charangas, etc.

INFORME DA ALCALDÍA SOBRE OS PRESUPOSTOS PRESENTADOS

O alcalde de Xinzo de Limia na memoria explicativa do orzamento municipal para 2025, destacou a aposta pola estabilidade financeira, a eficiencia na xestión pública e o control do gasto.

Segundo a memoria, o orzamento ascende a 8.906.217 euros, cun aumento respecto ao exercicio anterior. O documento fai fincapé na transparencia e na redución do endebedamento, asegurando que o Concello segue un modelo de administración responsable e sostible.

Pto. concello ingresos



No apartado de ingresos, espérase un incremento en taxas e transferencias correntes, alcanzando os 3,6 millóns de euros. Con todo, confírmase que non se prevén novas transferencias de capital nin ingresos extraordinarios pola venda de bens.

En canto aos gastos, a memoria xustifica o incremento en investimentos e no fondo de continxencia, que ascenderá a 150.000 euros para cubrir imprevistos. Porén, o documento tamén recoñece a necesidade de axustes para cumprir cos límites de gasto impostos polo Ministerio de Facenda.

Pto. concello gastos

"A nosa prioridade é manter unhas contas saneadas e seguir ofrecendo servizos públicos de calidade sen comprometer a estabilidade financeira do municipio", declarou o alcalde.

Con este orzamento, Xinzo de Limia busca equilibrar o investimento en infraestruturas e servizos coa responsabilidade fiscal, garantindo un crecemento sostible para o municipio nos próximos anos.