Retiranlle o permiso de conducir con 87 anos por un atropelo.

O acusado e o seu fillo, na vista celebrada no Penal 2 de Ourense
Retiranlle o permiso de conducir con 87 anos por un atropelo.

O acusado admitiu o despiste, a vítima foi unha muller de 44 anos que sufriu feridas graves polo golpe.


Un veciño de Xinzo, de 87 anos, sentouse este xoves no banco dos acusados do Xulgado do Penal nº2 de Ourense.

O suceso aconteceu o 5 de xaneiro de 2023, cando o acusado ia conducindo o seu coche por unha das rúas de Xinzo e atropelou a unha muller que cruzaba correctamente por un paso de peóns. A consecuencia do impacto, a muller sufriu lesións graves en brazos e pernas, que a obrigaron a pasar por quirófano. Motivo polo que será indemnizada.

O condutor que durante moito tempo foi chofer de camións e percorreu toda Europa, sen ter nunca ningún contratempo, declarou que «Nunca me pasou nada, aínda que conducín camións por España, Francia e Alemania», nada mais entrar na sala de vistas, acompañado de seu fillo.

Admitiu o grave despiste que o levou a provocar o accidente, aclarando que non existe risco ningún de que volva a suceder por que «Xa levo dous anos sen conducir. Iso acabouse», amosándose conforme cos términos do acordo de conformidade aos que chegaron todas as partes persoadas no caso.

O home, condenado por un delito de lesións imprudentes, foi multado con 720 € que debera aboar a xustiza e a prohibición de coller o coche durante os próximos dous anos.

Indeminazación a vítima

O acusado terá que pagar a responsabilidade civil, 6.765 polos días de incapacidade nos que a muller non puido realizar o seu traballo, aos que hai que sumar 5.011 derivados das secuelas. A compañía aseguradora tamén se terá que facer cargo de outros gastos derivados da intervención de xeonllo a que se someteu recentemente a vítima

Dado o acordo de conformidade, non foi necesario que a muller atropelada tivese que declarar, como tampouco outros testigos citados.