Fin de semana de 15 partidos para o A.B. Xinzo

Fin de semana de 15 partidos para o A.B. Xinzo

6 partidos xogaronse o sábado e 9 o domingo.

A familia A.B.Xinzo foi o domingo , mais de 100 persoas, a ver o derbi galego entre o COB e o Obradoiro, que xogaban no Paco Paz.

Senior

O senior masculino segue en racha, xa van 3 vitorias consecutivas. O que o principio parecía un mal inicio agora xa se vai encamiñando para loitar pola salvación. Vitoria moi clara ante o C.B. Sarria.

As senior femininas, xogaron o sábado contra o Blanco Amor, na primeira parte as do A.B.Xinzo competiron e aguantaron ben, pero na segunda parte notouse a veteranía das xogadoras do Blanco Amor.

Junior

O junior masculino volveu gañar, despois da última derrota en Lemos, o domingo pola tarde gañou con claridade ao Bosco Salesianos. Seguen na loita para chegar a semifinais e loitar polo titulo.

WhatsApp Image 2025 03 17 at 10.04.52 (2)


Cadete

As cadetes femininas gañaron o domingo pola maña ao equipo do Blanco A.

Os cadetes masculinos perderon contra o Blanco A, son partidos complicados.


Infantis

Derrota para o infantil 2011 masculino, contra BBall

As infantís femininas 2011, perderon contra Blanco Amor, nun partido moi igualado.

As infantís 2012, perderon o domingo a maña contra Maristas.

O infantil 2012 masculino, case consigue a primeira victoria da temporada, pero nos úlitmos segundos o marcador decantouse para os de Celanova.

WhatsApp Image 2025 03 17 at 10.04.52 (1)

Mini

As mini 2013, gañaron o domingo pola tarde contra as de Allariz. E tamén xogaron un partido que tiñan aplazado con Depordima, onde voltaron sair victoriosas.

Os minis 2014, gañaron en Ribadavia, nun partido moi igualado.

As minis 2014, xogaron o sábado contra BBall e perderon.

WhatsApp Image 2025 03 17 at 10.04.52

Premini

As preminis femininas perderon contra Carmelitas.

Os preminis masculinos, gañaron o sábado na súa visita ao Barco.