Primeiras imaxes do arsenal incautado en Xinzo
14:43 18/03/25
14:43 18/03/25
Fusiles de asalto, pistolas, munición, drogas e demais obxectos foron incautados na operación dirixida polo Xulgado de Bande.
A operación tivo lugar despois do roubo con agresión sufrido por un construtor en Vilameá.
Hoxe a alcaldesa de Lobios quixo agradecer e resaltar a labor levada a cabo pola Garda Civil, e polo Capitán da Policía Xudicial de Ourense.
Os detidos seguen en prisión provisional, sen fianza, pero comunicados.