Recoñecemento á Policía Xudicial da Garda Civil

Eladio Santos destaca o traballo da Garda Civil “facendo de Ourense unha das provincias máis seguras de España”

Eladio Santos destaca o traballo da Garda Civil “facendo de Ourense unha das provincias máis seguras de España”

O subdelegado do Goberno participou hoxe nun acto de recoñecemento á Unidade da Policía Xudicial da Garda Civil organizado polo Concello de Lobios.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, participou esta mañá no acto que o Concello de Lobios organizou en recoñecemento ao labor realizado pola Unidade da Policía Xudicial da Garda Civil nos últimos tempos, que levou a diversas detencións recentemente.

Coincidindo coa reunión provincial de mandos da Garda Civil, que periodicamente se celebra en diferentes concellos da provincia e que hoxe tiña lugar en Lobios, Concello decidiu facer entrega de distintivos especiais ao capitán xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial, Juan José López, e a integrantes do Equipo de Patrimonio, pola súa exitosa traxectoria.

IMG 20250318 WA0013

Durante o acto, o subdelegado do Goberno destacou que esta distinción é “froito do traballo de meses de investigación e prevención que está facendo a Garda Civil non só en Lobios senón en toda a provincia, traballando por todo o rural”.

Ademais, Santos fixo fincapé na “profesionalidade” da Garda Civil e na importancia dos seus operativos, que “garanten sempre a maior seguridade dos veciños”, dixo. Lembrando tamén que aínda que se producen algúns incidentes ou actos delitivos, a maioría deles son esclarecidos polos axentes e “isto actúa como elemento disuasorio”. “A Garda Civil está facendo de Ourense unha das provincias máis seguras de España, en canto aos delitos contra o patrimonio e as persoas”, concluíu o subdelegado.

No acto estiveron tamén presentes a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo; así como efectivos da Comandancia de Ourense.


IMG 20250318 WA0009