ProLimia celebra a Semana do Pai con premios para fomentar o consumo no comercio local
A asociación de comerciantes ProLimia pon en marcha unha nova campaña de dinamización con motivo do Día do Pai.
Baixo o lema “Semana do Pai”, todas as persoas que realicen compras entre o luns 17 e o sábado 22 de marzo ao mediodía nos establecementos asociados poderán participar na Ruleta do Día do Pai, que terá lugar o sábado 22 na praza Maior de Xinzo de Limia, pola mañá e pola tarde. Repartiranse un total de 1.000€.
Para xogar, será necesario presentar tickets de compra por un importe mínimo de 20 euros. Os premios consisten en vales de 10€ e 20€, que poderán ser empregados en negocios asociados a ProLimia durante a semana do 24 ao 29 de marzo.
Dende o Concello de Xinzo anímase a veciñanza a participar nesta iniciativa e a seguir apostando polo comercio local, especialmente en datas tan sinaladas.