Xinzo acollerá a VII Ginga de Capoeira este sábado 22 de marzo

Xinzo acollerá a VII Ginga de Capoeira este sábado 22 de marzo

Organizada polo Clube Deportivo Andaruê.

Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia converterase este sábado 22 de marzo nun espazo para o movemento, a cultura e a música coa celebración da VII Ginga de Capoeira, organizada polo Clube Deportivo Andaruê.

A actividade desenvolverase en horario continuo, de 10:00 a 19:00 horas, e está dirixida polo Professor Sasqwat, baixo a supervisión do Mestrando Camugeré.

Durante a xornada celebraranse diversas masterclasses de capoeira, impartidas por destacados referentes desta disciplina: o Contra Mestre Lesma e o Professor Cabelo.

A Ginga de Capoeira é un evento aberto a practicantes, afeccionados e público en xeral, e supón unha oportunidade para achegarse a esta arte marcial que mestura danza, música, expresión corporal e tradición cultural.