Xinzo quere converterse no epicentro do agro galego cos premios Semente

Xinzo quere converterse no epicentro do agro galego cos premios Semente

O mercores 26 de marzo, as 19:00 h, no Pavillón de Deportes.

O sector primario e a comunidade agrogandeira, reuniranse o mércores 26 de marzo en Xinzo, para celebrar os Premios Semente

Con eles pretendese premiar a innovación, sustentabilidade, tradición e o impacto social das distintas iniciativas levadas a cabo a nivel galego.

Esta maña Dendealimia reuniuse con Amador Díaz, alcalde de Xinzo, para que nos contara un pouco mais sobre estes premios e que deu orixe a esta celebración.

Como nace o Premio Semente?

Amador DíazO Premio Semente nace ca idea de recoñecer o traballo dos agricultores, e das empresas galegas que están facendo unha labor encomiable. Ben sexa en investigación, ben sexa en proxectos de traxectoria, ben sexa gastronómicamente. 

O que pretendemos é que dous cultivos, que ao igual que moitos teñen premios, como ten o viño, como ten calquera denominación, como ten calquera IXP, que non tiñan un recoñecemento. A idea é que poñer en valor ese traballo que están facendo, tanto os produtores, coma proxectos de investigación, ou proxectos que foron levados adiante a base de, pois neste caso, dous cultivos que están abandonados a nivel galego.

Os premios abarcan toda a xeografía galega, na cal se leven a cabo traballos relacionados co trigo e a pataca. Haberá 10 categorías premiadas

- Excelencia Innovadora ( empresas ou profesionais que destaquen pola súa capacidade de innovación no ámbito do cultivo de cereais e patacas.)

Traxectoria Empresarial ( empresas con traxectoria e logros destacados no sector.)

- Muller Rural ( profesionais ou empresas do sector da pataca e cereal lideradas por mulleres.)

- Compromiso Ambiental ( profesionais ou empresas que destaquen pola súa responsabilidade co medio ambiente e polas súas boas prácticas ambientais.)

- Produto Local do Ano ( profesionais ou empresas que conseguiron lanzar ao mercado un produto novo e orixinal elaborado a base de patacas ou cereais.)

- Investigación Agraria ( profesionais ou empresas cuxo traballo destaca pola súa investigación na mellora dos procesos agrícolas da pataca e dos cereais.)

- Proxecto Gastronómico ( cociñeiros, restaurantes ou iniciativas culinarias que destaquen polo seu uso creativo, sostible e comprometido da pataca e dos cereais.)

- Repercusión Local ( empresas ou profesionais cun alto nivel de recoñecemento local como xeradores de emprego.)

- Divulgación de Valores Rurais ( empresas ou profesionais de calquera sector comprometidos coa difusión e concienciación dos valores do rural.)

- Xove Emerxente ( profesionais menores de 30 anos cuxa actividade no sector agrícola da pataca e dos cereais mereza un recoñecemento.)

- Premio Especial Semente 2025 ( que o otorga o organizador, o Concello de Xinzo)

Como todos os premios precisan un xurado, neste caso nos Premios Semente, estará composto por todos os colaboradores, tales como as universidades, sindicatos, IXPs, Inorde e o Concello.

Estes premios non so van dirixidos aos produtores, senón tamén aos elaboradores, empresas , proxectos. A materia prima ten que ser de Galicia, falase dun produto galego.

Para máis información : clica aquí