Salva a vida saltando pola fiestra

Salva a vida saltando pola fiestra

O propietario resultou ileso, pero a vivenda quedou calcinada.

O sábado de madrugada a Forxa (Porqueira) tivo lugar un incendio nunha vivenda, o incendio declarouse  pouco antes das 2:45 da madrugada, no interior atopábase o seu propietario durmindo. Un home con mobilidade reducida, de 57 anos, que espertou ao escoitar a explosión. Nun esforzo sobrehumano, dadas as súas condicións, logrou saír pola fiestra, xa que a porta da vivenda estaba atascada.

56bf5e77 15c3 4c37 9272 891ce53b7602 16 9 aspect ratio default 0

O incendio calcinou por completo a vivenda, xa que a casa tiña moita madeira, o que fixo que as lapas se propagaran rapidamente. Inda se descoñecen as causas do incendio, que se están a investigar, pero todo apunta a que un curtocircuíto eléctrico puidera iniciar o lume.

Un veciño foi o que alertou aos servizos de emerxencia 112, ata o lugar desprazaronse os Bombeiros de Xinzo, o GES de Muíños, Protección Civil de Porqueira e a Garda Civil. 

A alcaldesa Susana Vázquez, estivo alí en todo momento. O propietario, era ex-traballador do Concello, polo que dende o concello intentaran facer todo o posible para axudalo. En palabras da rexedora "Eu sei que moitos veciños queren colaborar xa que é un moi bo home, moi bo veciño e merece todo", e terminou dicindo que "Non sei de onde puido sacar el as forzas, e grazas a Deus que está ben".