Curso Diabetes e Saude: O que necesitas saber para coidar mellor
A asociación Escola Rural de Saúde da Limia continua coa promoción da saude no rural.
A Escola Rural de Saúde da Limia finaliza as xornadas formativas Diabetes e saude: o que necesitas saber para coidar mellor coa asistencia de máis dunha veintena de participantes de diferentes perfiles, persoas sociosanitarias, coidadores, pacientes e persoas que queren saber sobre qué facer para previr a enfermidade “silenciosa”.
A formación realizouse na Casa da Cultura de Xinzo de Limia e foi diseñada para proporcionar información clave sobre a diabetes e o seu impacto na saude, ofrecendo ferramentas prácticas para mellorar o manexo, benestar e coidado da enfermidade, facendo da alimentación un dos piares fundamentais para levar un estilo de vida saudable. Ditos coñecementos foron impartidos pola experta en diabetes Mª José Menor.
A asociación Escola Rural de Saúde da Limia continua coa promoción da saude no rural, nesta ocasión coa colaboración do Colexio Oficial de Enfermería e AFAMMER Ourense, así como o apoio da Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia.