O Senior masculino do A.B. Xinzo segue imparable con 4 vitorias consecutivas

O Senior masculino do A.B. Xinzo segue imparable con 4 vitorias consecutivas

Seguen abrindo camiño para continuar na 2° división. 

Senior

O sénior masculino logrou a súa 4ª vitoria consecutiva, contra o Rías Baixas, en Vigo. Unha vitoria importante que os deixa fora dos postos de descenso e abrindo camiño para continuar na división autonómica galega.

As sénior feminino, perderon contra o Apóstol de Vigo.

WhatsApp Image 2025 03 23 at 23.07.43

Cadetes

Os cadetes masculinos, perderon contra o favorito polo título de Liga, o BBall Cob.

Infantil

As infantis 2011 perderon contra Depordima.

Os infantis 2012, nun partido moi igualado ata o final, perderon contra Maside.

As infantis 2012, perderon contra BBall, en Ourense.

WhatsApp Image 2025 03 23 at 23.08.09 (1)

Mini

As minis 2013, perderon contra o Mestre Vide.

Os minis 2013, que están en Liga Galega, gañaron nun partido igualadismo contra Basquet Coruña, polo que seguen sendo lideres de grupo.

As minis 2014, gañaron contra Maside.

WhatsApp Image 2025 03 23 at 23.08.09

Premini

Os preminis masculinos, perderon contra BBall, pero continuan xogando no grupo polo título.

As preminis femininas, perderon contra o Bosco.

WhatsApp Image 2025 03 23 at 23.07.43 (1)