Sandiás cultiva a memoria
O Concello de Sandiás da comezo a 4ª etapa dos obradoiros de estimulación cognitiva en colaboración coa Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR)
O obradoiro comeza o venres, 4 de Abril e as sesións serán os venres entre as 17.00 h e 18.30 h no Local Social de Sandiás. A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) en colaboración coa Concellaría de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen a cuarta etapa dos “Obradoiros de Psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2025, despois das exitosas convocatorias dos pasados anos 2022, 2023 e 2024.
A partir dos 60 anos empezanse a notar pequenos fallos de memoria que nos preocupan: onde deixei as chaves, ir a coller algo e esquecer o qué, apaguei a cociña?. Estes obradoiros son importantes xa que con eles traballase a memoria, atención, linguaxe e fluidez de maneira activa. Os obxectivos do obradoiro, van en liña de traballar o embexecemento activo. Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas.
As sesión son moi prácticas e duran noventa minutos e trabállase persoalmente e en equipo. “Entre os tipos de actividades que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”. De esta maneira tamén se aproveita para rachar coa soidade e se crea texido comunitario os poucos onde observar, contrastar, dialogar, divertirse, compartir experiencias positivas e negativas e animarse mutuamente. Estas actividades, ademáis de preventivas son actividades para gozalas e non para sufrilas.
Como na terceira etapa do ano 2024 nestes días trátase de informar e animar ás persoas interesadas entre a veciñanza. Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do Concello (988 465001) ou cubrir o formulario online na web do Concello. As prazas son limitadas.