20 veciños dun pobo queréllanse contra a Xunta de Galicia

Foto artigo de Elpais.com
20 veciños dun pobo queréllanse contra a Xunta de Galicia

Volve a repetirse a historia de David e Goliat

As conchas, un pobo que nos anos 70 era a cabeceira da Limia Baixa onde había traballo para máis de 150 persoas directamente relacionados con FENOSA, esmorece hoxe, como a maioría dos pobos de Galicia, pero os escasos 20 veciños cos que conta na actualidade, non se resignan a ter unha vida sinxela, a par que boa medioambientalmente. 

Da maioría é sabido que nos últimos 20 anos a veciñanza ven protestando pola situación das augas do encoro de As Conchas, sen que ninguén fixera nada para cambiar  esa situación. PlanEstratéxico da Limia, proxecto Life Regenera Limia, quedaron no esquecemento e en semanas chegará outro que sabe dios o resultado que dará, si o da. E mentres tanto os cheiros e a prohibición do uso das augas do encoro, para algo tan sinxelo como bañarse e como non, a de beber auga dos pozos, pola contaminación, ademais dos cheiros insoportables, son o día a día dos veciños e o ano tras ano.

2015071421533250938 2

Noticia do 2015 en dendealimia

Pois daquela os "Galos " das Conchas, lograron, axudados por algún Axteris e Obelix, como son  ClientEarth e científicos de varias universidades, poñer "entre as cordas", non solo a Xunta de Galicia, se non a outros organismos e mismamente aos concellos da Limia Alta que tamén terán que contestar aos requirimentos feitos previos a demanda interposta ante o TSXG ( Tribunal Superior de Xusticia de Galicia). 

.-La vida al borde de uno de los embalses más contaminados de España: “Apesta a cerdo”

Durante o día de Onte e hoxe, xornais nacionais e galegos como El PaisPraza.gal Diario.es e hoxe mesmo Europapress El Pais.com fanse eco do fito histórico con titulares como:

.-Veciñanza da Limia denuncia no TSXG vulneración de dereitos fundamentais pola contaminación do encoro das Conchas.

.- Organizaciones y vecinos de As Conchas (Ourense) demandan a administraciones gallegas por contaminación del embalse