Porqueira responde ante as dificultades
O concello abriu un número de conta onde se poden facer donacións.
Onte Dendealimia reuniuse con Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira, para coñecer como estaba a situación dende o incendio do sábado.
Dende o luns, o concello de Porqueira, habilitou un número de conta para que a xente puidera facer doazóns para axudar a reparación da casa de Lisardo. Casa que quedou devastada polas lapas na madrugada do sábado.
Dada a situación o concello envorcouse por completo para axudar a este veciño, que fora traballador do concello e coñecido por todos. Tanto é así, que dada a emerxencia social, habilitóuselle unha praza no Centro Residencial de Porqueira de xeito temporal, ata que a situación mellore.
A rexedora quere agradecer e remarcar a gran labor que levaron a cabo os bombeiros e protección civil, nunha operación na que a coordinación e o bo facer foi fundamental. Estiveron 4 horas para apagar as lapas e evitar que o lume se propagase as casas veciñas.
E a todas aquelas persoas que están facendo doazóns, non so económicas se non tamén materiais. Axudas que chegan, dende os veciños e veciñas, e tamén dende outros concellos e incluso de fora de España.