Investigan ao suposto autor de ameazas a un empresario de Xinzo
5 foron os envios recibidos polo dono e unha traballadora dunha xestoria de Xinzo.
Gracias a unha denuncia presentada no Cuartel da Garda Civil de Xinzo, por parte dunha empresa adicada a xestoría administrativa e asesoría fiscal. O Equipo Roca da Garda Cvil de Celanova no marco da investigación "Express Ou" tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Ourense, de 51 anos, como presunto autor dun delito de ameazas por correspondencia.
O empresario relatou que durante o mes de febreiro deste ano, recibiu 5 envíos de paquetería con diversos obxectos con temática ameazante, dirixidos cara o dono da empresa e a unha das traballadoras, os paquetes carecían de remitente.
O Equipo que iniciou a investigación, determinou que todos os envíos foran tramitados dende unha oficina de correos de A Valenzá, concello de Barbadás.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo, que será o encargado de determinar as responsabilidades penais do sospeitoso.