O presidente da Deputación visitou o concello de Sandiás para ver a estado das obras do pavillón de deportes

O presidente da Deputación visitou o concello de Sandiás para ver a estado das obras do pavillón de deportes

A Xunta de Galicia e o Concello aportaron 400.000 euros para a súa ampliación e novo peche.

O presidente provincial Luis Menor acompañado de Silvia Dorado, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense e Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes, visitaron o pasado mércores o Concello de Sandiás, onde foron recibidos polo alcalde Felipe Traveso e varios concelleiros do equipo de goberno e comprobaron o estado das obras do pavillón no que a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello aportaron 400.000 euros para a súa ampliación e novo peche.

Foto 2

Luis Menor ensalzou a cooperación da Deputación e a implicación da Xunta para a mellora do polideportivo de Sandiás e sinalou esta infraestrutura como “clave” para mellorar a calidade de vida dos veciños e agradeceu a implicación do goberno autonómico con “investimentos fundamentais” para a provincia. O peche e ampliación foi froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educacíón, Formación Profesional e Universidades; a Secretaria Xeral para o Deporte; a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás cun investimento de preto de 400.000 euros.

O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, puxo en valor a “gran utilidade” que suporá para a veciñanza este servizo e permitirá un uso polivalente por parte dos rapaces do Punto de Atención Infantil, do Ceip de Sandiás e da veciñanza das distintas aldeas, nunca gran iniciativa por fomentar o deporte local.

Foto 6