Educar no respecto a toda a persoa e a todas as persoas
8M nos centros rurais da comarca
Ao longo deste mes de marzo, a área educativa do CDR “O Viso” achegóuse ata os centros educativos rurais de Vilar de Barrio, Sarreaus, Rairiz de Veiga, Baltar, Os Blancos e Sandiás, para reflexionar cos máis cativos e cativas sobre o significado do 8M e, sobre todo, co afán de educar en igualdade e respeto a toda persoa. Ademáis de non deixar de por en valor a importancia da igualdade de dereitos e oportunidades.
A actividade, repetida en cada un dos centros, contou con dous momentos fundamentais. Nunha primeira parte, o alumnado escoitou a historia dunha "muller ilustrada" da súa zona. Sen ver ningunha imaxe, os nenos e nenas tiveron que debuxar a protagonista segundo a imaxinaban a partir do relato. Esta dinámica permitiu traballar a creatividade e a representación feminina na historia local.
Na segunda parte, amosáronse oito imaxes de mulleres que acadaron fitos importantes a nivel mundial e os cativos e cativas debían adiviñar a que se adicaban, fomentando así o recoñecemento das achegas femininas en diversos ámbitos e rompendo estereotipos de xénero.
Con esta proposta, reafirmamos o noso compromiso coa concienciación e educación dende a infancia, o noso presente máis prezado.
Unha campaña dentro do Programa ELAS
Esta acción forma parte do Programa ELAS, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.