Encontros Escoliñas Provinciais, en Xinzo
11:59 28/03/25
11:59 28/03/25
Hoxe venres, no Pavillón de Deportes, a partir das 17:00 ata as 21:00 h
Este venres o Pavillón Municipal converterase no escenario dunha nova edición dos Encontros Escoliñas Provinciais , unha xornada de convivencia deportiva organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo de Limia e promovida pola Deputación de Ourense.
Os obxectivos das xornadas serán: Crear lazos de amizade e convivencia entre nenos e nenas de diferentes escolas e concellos da provincia, fomentar a práctica deportiva, promover valores como o respecto, a cooperación e o esforzo, e potenciar deportes como o fútbol sala, o baloncesto e as carreiras de orientación.
Durante toda a tarde, as Escoliñas de Barbadás, Pereiro, San Cibrao, Xinzo de Limia, Maceda e Escola Paco Paz competirán nas disciplinas de fútbol sala, baloncesto e carreiras de orientación.