A xuntanza Baby Basket mais grande de toda Galicia celebrouse hoxe en Xinzo

A xuntanza Baby Basket mais grande de toda Galicia celebrouse hoxe en Xinzo

Mais de 220 nenos e nenas desfrutaron esta mañá do baloncesto.

Este domingo tivo lugar a Baby Basket, unha xuntanza onde os nenos e nenas de diferentes clubs de baloncesto reuníronse para desfrutar desta xornada, ata 15 clubs da provincia reuníronse hoxe en Xinzo.

Dende as 9:45 da maña, mais de 220 cativos e cativas, non pararon de xogar. No Pavillón de Deportes habilitáronse 3 pistas onde xogaron os 24 equipos.

WhatsApp Image 2025 03 30 at 19.29.09

Un dos momentos mais divertidos foi cando apareceu a mascota do A.B.Xinzo, a cabra, que creou sensación entre os xogadores e xogadoras. Como remate os participantes levaron un pequeno agasallo.

WhatsApp Image 2025 03 30 at 19.30.01 (3)

Como representante do concello, asistiu Antonio Fernández Veiga, o tenente alcalde, que colaborou no reparto de agasallos.

WhatsApp Image 2025 03 30 at 19.30.00

A xornada ía a ter lugar en xaneiro, pero polo desastre da DANA aprazouse.