Os escritores Delfín e Antón visitan o CEIP Plurilingüe dos Blancos para fomentar a lectura e a escritura
O CEIP Plurilingüe dos Blancos quixo incentivar aos seus alumnos e alumnas a escritura, coa visita de dous escritores limians, Delfín Caseiro e Xosé Antón Jardón.
O CEIP Plurilingüe dos Blancos tivo a honra de recibir o día 28 de marzo a visita dos escritores Delfín Caseiro e Xosé Antón Jardón, nun encontro organizado polo Club de Lectura do centro. Durante a xornada, todo o alumnado e profesorado gozou dunha charla enriquecedora na que os autores compartiron a súa paixón pola escritura, falaron sobre as súas obras e destacaron a importancia da lectura no desenvolvemento persoal e académico.
Esta actividade foi unha gran oportunidade para inspirar ao alumnado e reforzar o valor da literatura como ferramenta de aprendizaxe e creatividade. Desde o CEIP Plurilingüe dos Blancos, agradecemos a Delfín Caseiro e Xosé Antón Jardón a súa xenerosidade e entusiasmo neste encontro tan especial.