Fin de semana longo para o A.B.Xinzo
Case 13 horas diarias de baloncesto
O A.B.Xinzo comezou a xornada o venres, co torneo Escoliñas, organizado pola Diputación e a Concellería de Deportes, onde participaron os Babys 2017 e os Preminis masculinos. Na xuntanza tamén estiveron cativos e cativas de Barbadás, Pereiro, San Cibrao, Maceda e a Escola Paco Paz. Puideron disfrutar de actividades de futbol sala, orientación e, por suposto, baloncesto.
O mesmo día a Selección Galega, onde se atopa o xogador do A.B.Xinzo, o capitán Dani Rodriguez Dacal, viaxaron ata Miranda do Ebro, onde se disputaba un torneo de seleccións.
O sábado xogaron a Copa Xunta de Minis, os minis 2013 masculinos competiron contra os clubes, Club Baloncesto Ribadeo, Maristas de A Coruña e a Fundación Fedesa Rosalía de Santiago. De maña gañaron contra o Rosalía, e xa pola tarde, volveron gañar contra Maristas Coruña. O Club Baloncesto Ribadeo tamén gañou os dous partidos, polo que na terceira xornada, que se disputara o vindeiro fin de semana, o Ribadeo e o A.B.Xinzo loitaran polo pase a seguinte ronda.
E remataron o domingo co Baby Basket, onde participaron os 15 clubes da provincia de Ourense, por primeira vez na temporada. Mais de 220 nenos e nenas reunironse para xogar o baloncesto.
Senior
O senior masculino segue imparable, 5ª vitoria consecutiva, o que os coloca 5-3 na clasificación, que se atopa moi apretada, onde o primeiro esta colocado 6-2, polo que, os do A.B.Xinzo están moi igualados para manterse. Neste caso a vitoria foi contra Galogrin, era o cuarto encontro con eles, e a primeira vitoria para os limiaos. O partido resolveuse na prorroga, unha vitoria que os xogadores quixeron adicar ao seu entrenador que habia estado ausente nos anteirores partidos.
O senior feminino, perderon o domingo contra o Club Baloncesto Rio Ulla. As lesións e as baixas das ultimas xornadas están sendo un lastre para as xogadoras do A.B. Xinzo
Junior
Loitaban contra O Barco, para acadar a plaza para as semifinais, un partido igualadismo que no ultimo momento decantouse para os xogadores do Barco.
Cadetes
As cedetes femininas gañaron o sábado contra o Verín.
Os cadetes masculinos, logrou a primeira vitoria da segunda volta contra o Barco.
Infantil
Os infatis 2011 gañaron na súa visita ao Blanco Amor.
As infantis 2011, gañaron o derbi 11-12.
Os infantis 2012 perderon na súa visita contra o Bosco, o sábado pola mañá.
Mini
As minis 2013, gañaron o domingo contra Maristas. Un partido bastante igualado, que se resolveu no último momento para as do A.B.Xinzo.
Os minis 2014 perderon contra o Blanco Amor, en Xinzo.
As minis 2014, tiveron doble xornada, na primeira perderon contra o EDO BA Prácticas, pero gañaron o domingo contra o Barco.
Premini
As preminis perderon o venres a tarde contra Maristas.
Fin se semana intenso e con moitas horas de baloncesto.