O CMUS aposta pola cultura musical con actividades o xoves e o venres

O CMUS aposta pola cultura musical con actividades o xoves e o venres

O xoves 3 e o venres 4 o conservatorio agasallanos cun obradoiro de reparación e mantemento para Vento Madeira e un concerto de "Irmaus da Raia Seca", respectivamente.

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca. Entre elas atopamos os concertos, non só os ofrecidos polos nosos rapaces e rapaces senon os brindados por grupos xa consolidados de todo tipo e xénero musical.

Nesta ocasión a xornada do vindeiro xoves 3 de Abril, será máis que desfrutar de música xa que comezará ás 15.30 h. cun Obradoiro de reparación e mantemento para Vento Madeira impartido por Pablo Pascual para o alumnado das especialidades implicadas do noso centro, onde a parte de ofrecerlles coñecementos teóricos necesarios tamén poderán ver de primera man e de xeito práctico como se traballa e como deben manter os seus intrumentos no seu día a día.

A continuación remataremos a xornada co concerto de “Irmaus da Raia Seca”as 20:00 h. aberto ó público e de balde ata completar aforo, para todo aquel que se queira achegar ata a Casa de Cultura.