O director do Xacobeo falará en Xinzo sobre o futuro da Vía da Prata

O director do Xacobeo falará en Xinzo sobre o futuro da Vía da Prata

Maña mércores 2 de abril, as 19:00 h na Casa da Cultura

Xinzo de Limia acollerá este mércores, 2 de abril, unha conferencia a cargo do director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa Montenegro. A cita será ás 19:00 horas na Casa da Cultura, organizada pola UNED Ourense e UNED Zamora en colaboración co Concello de Xinzo.

A conferencia leva por título “Realidades e perspectiva de desenvolvemento da Vía da Prata” e insírese nun ciclo de encontros que se celebra tamén noutras localidades como Zamora e Portugal. O obxectivo é poñer en valor este itinerario histórico que conecta o sur e o norte da península, e que atravesa a nosa comarca, cun forte potencial cultural, turístico e económico.

Dende o Concello de Xinzo convidamos a toda a veciñanza a asistir a esta actividade aberta ao público, que permitirá afondar no papel da nosa vila no contexto xacobeo e coñecer de primeira man os plans e retos de futuro da Vía da Prata.