​Visita de catro profesores portugueses do Agrupamento de Escolas Terras de Larus ao CEIP Prulingüe dos Blancos

​Visita de catro profesores portugueses do Agrupamento de Escolas Terras de Larus ao CEIP Prulingüe dos Blancos

A visita levouse a cabo onte dentro do marco do programa eTwinning, que promove a colaboración entre profesorado e alumnado de diferentes paises.

O CEIP Plurilingüe dos Blancos tivo o pracer de recibir onte día 2 de abril de 2025 a visita de catro profesores do Agrupamento de Escolas Terras de Larus (Setúbal, Portugal) que se desenvolveu entre os días 31 de marzo e 4 de abril, días nos que o profesorado de Portugal visitou tamén o CEIP Plurilingüe Lansbricae, o CEIP Otero Novas, o CRA de Monterrei e o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio. Esta actividade enmárcase no programa europeo eTwinning, que promove a colaboración entre profesorado e alumnado de diferentes países a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). 

Programa Polos Creativos Primaria 2

eTwinning, parte do programa Erasmus+, facilita o contacto, o intercambio de ideas e o traballo conxunto entre equipos educativos de centros escolares europeos. A través desta plataforma, o profesorado dos centros ten a oportunidade de compartir experiencias educativas, participar en obradoiros colaborativos e explorar oportunidades de colaboración futura.

Durante a súa estancia, que incluíu unha visita ao museo do Entroido de Xinzo de Limia, os profesores franceses coñeceron de preto os nosos proxectos de innovación educativa e o programa de Polos Creativos, impulsado pola Consellería no marco da Estratexia de Educación Dixital 2030. Este programa busca fomentar a colaboración entre institucións educativas para desenvolver proxectos innovadores que impulsen a competitividade e a atractividade das rexións.

A visita representou unha oportunidade para reforzar os lazos educativos e culturais entre as nosas institucións, contribuíndo ao intercambio de boas prácticas docentes.

Visita ao Museo do Entroido