Unha pequena homenaxe ao gran pintor e ceramista Issac Díaz Pardo coa Furgoteca no PAI e no CEIP de Sandiás
Os ingredientes da receita eran tres vasos de fariña, un vaso de sal fina, un vaso de auga e culleradas de aceite.
O día 1 de abril está constituido como Día das Artes Galegas e este ano de 2025 estivo adicado a Isaac Díaz Pardo destacado pola súa labor polifacética como pintor, ceramista, diseñador, escultor, entre outras.
A Furgoteca Occidental coordinada por Reme Cid quixo facerlle unha pequena homenaxe especial no seu recorrido polo Concello de Sandiás.
Para este acto de recoñecemento tan especial a Furgoteca fíxolle entrega aos nenos e nenas do Punto de Atención Infantil (PAI) de plastilina caseira añadindo colorante alimentario e no Ceip de Sandiás dunha receita que se utilizou para facer masa para as esculturas. Os ingredientes da receita eran tres vasos de fariña, un vaso de sal fina, un vaso de auga e culleradas de aceite. Logo procederon a mesturar todo nun bol e remexer ata acadar unha textura uniforme moldeando unha pequena obra traballando a creatividade a a motricidade.
A continuación, os nenos e nenas do PAI foron de visita á Furgoteca para elixir dous libros de lectura. Unha activa, creativa e divertida mañá coa Furgoteca