Medio Rural e o Concello de Vilar de Barrio colaboran para impulsar a Feira da Pataca
21:33 03/04/25
21:33 03/04/25
Avaliaronse vias de colaboración para apoiar e impulsar a 46 edición da Feira da Pataca de Vilar de Barrio
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.
Na xuntanza avaliáronse posibles vías de colaboración para apoiar e impulsar a feira da pataca desta localidade limiá, que este ano acadará a súa 46ª edición. Ademais, púxose en valor a condición que ten este municipio ourensán de importante zona de produción pataqueira, dentro dunha comarca, como é a da Limia, de gran vocación agrogandeira dentro de Galicia.