"Seguimos Facendo Entroido" o sábado en Ágora
A exposición reune a diversos artista cunha visión colorida e sensorial sobre o Entroido
O sábado 5 de abril, no espazo multidisciplinar, Ágora, inaugurarase a exposición "Seguimos Facendo Entroido", onde 5 artistas da provincia nos amosaran as súas obras.
Na exposición poderemos ver obras de:
Martínez Cerredelo, historiados e escritor limiao, que a través do seu arquivo fotográfico, nos amosara imaxes antigas do Entroido da provincia de Ourense.
Goretti Maroñas , artista téxtil, con retais de tea que transforma para darlle vida, a súa paixón polo reciclaxe fai que transforme cousas sen valor en obras de arte.
Ana de Trasar, deseñadora, preséntanos "Arte de Tea", 5 corpos inspirados na figura da Pantalla e un vestido, que se pode considerar de alta costura.
Alba Ferro, a madriña da exposición, escritora e creadora visual.
Sonia Trigo González, propietaria do espazo e impulsora desta exposición, mostrará unha interpretación da Dama da Lagoa, a través da pintura.
A través das obras, os espectadores poderán conectar co Entroido do seu lugar, xa que a parte do entroido de Xinzo, tamén haberá referencias os demais entroidos da provincia. As obras tamén estarán a venda para aqueles que queiran obras únicas.
A exposición estará aberta ao publico dende o sábado as 18:00 h e permanecerá durante 3 meses. Totalmente de balde, durante este tempo colexios e institutos estarán convidados.