O Delegado Territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilar de Santos
16:04 04/04/25
16:04 04/04/25
Avaliaronse as posibles vías de colaboración.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta onte a mañá co alcalde de Vilar de Santos, Ruben Colmenero, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Vilar de Santos”.