O planeamento de Porqueira premiado en Galicia

O planeamento de Porqueira premiado en Galicia

Porqueira competia con 5 proxectos mais de Galicia alzandose co primeiro posto

Onte celebráronse en Santiago os premios do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG). No Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, reunironse mais de 700 invitados, entre eles Susana Vázquez, alcaldesa de Porqueira. Nestes premios recoñeceronse 13 obras e proxectos en Carnota, Santiago, A Coruña, Gondomar, Porqueira, Porto do Son, A Pobra do Carimiñal, Xenebra (Suiza) e Ica (Perú)

Dentro da categoría Planificación Urbana, 5 candidaturas ourensás eran finalistas, pero alzouse co galardón o Plan Básico Municipal de Porqueira, do arquitecto José González-Cebrián, que desenrrolou unha figura de planeamento sinxela que posibilita a adecuada xestión municipal. 

IMG 20250406 WA0009

O traballo realizado por González-Cebrián Tello incide de forma pormenorizada no análise a pe de campo do ámbito municipal, dos diferentes núcleos e valores patrimoniais e ambientais. O xurado considerou que, pese a tratarse dunha figura de planeamento en principio de escasa complexidade, o traballo realizado introduce unha metodoloxía de análise pormenorizado do sistema de asentamentos e as súas relacións co territorio. Destacaron que se trata dunha intensa actuación de concentración parcelaria e a incorporación de elementos de análise historiaca que se combina nun grafismo non convencional que resalta o resultado.

9dc2eeda 6f89 42c4 9761 cb533fc3cddc source aspect ratio default 0