A orquestra KUBO será o prato forte do Domingo de Ramos en Xinzo
19:15 07/04/25
19:15 07/04/25
Mestura de tradición e espectáculo.
O Concello de Xinzo de Limia conmemora o Domingo de Ramos cunha programación que mestura os actos tradicionais coa música e o espectáculo en directo. A xornada terá lugar o vindeiro 13 de abril, domingo, e culminará coa actuación da coñecida orquestra KUBO, un dos grupos máis potentes do panorama actual.
O programa comezará ás 12:00 horas na Igrexa Vella, coa tradicional bendición de ramos e a posterior procesión ata a Igrexa Nova, onde se celebrará a misa solemne ás 12:30.
Xa pola tarde, ás 13:30, terá lugar unha sesión vermú na Praza Maior con LETHX SOUND, e ás 19:00 horas, a Esplanada do Toural acollerá a actuación da orquestra KUBO, nunha cita pensada para atraer público de todas as idades.