Volta o Club de Lectura Antelea

Volta o Club de Lectura Antelea

O 8 de abril as 20:30 h na Biblioteca Antelana 

O Club de Lectura Antelea retoma a actividade o 8 de abril coa presenza do autor Cándido Paniagua

O Concello de Xinzo de Limia anuncia a volta do Club de Lectura Antelea, que retomará as súas sesións o martes 8 de abril, cun encontro literario que contará coa participación do escritor Cándido Paniagua Pousa.

A cita terá lugar ás 20:30 horas na Biblioteca Antelana, onde o autor presentará e comentará coa veciñanza a súa novela “48 horas”. A actividade está aberta a todas as persoas interesadas, sen necesidade de inscrición previa.

Este encontro marca o inicio dunha nova tempada de lecturas compartidas, promovendo o diálogo, o pensamento crítico e o acceso á cultura desde a lectura colectiva.