​Máis de 20 actividades gratuítas para vivir a Semana Santa 2025 en Xinzo de Limia

​Máis de 20 actividades gratuítas para vivir a Semana Santa 2025 en Xinzo de Limia

Todas as actividades son de balde e pensadas para públicos diversos


Algúns obradoiros requiren inscrición previa por control de aforo

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar unha ampla e variada programación cultural con motivo da Semana Santa 2025, que se celebrará entre o sábado 12 e o domingo 20 de abril. En total, máis de 20 actividades de balde conforman unha proposta pensada para todos os públicos, con especial atención ás crianzas e á participación familiar.

O programa comeza o sábado 12 co tradicional Concerto de Primavera da Agrupación Musical da Limia e continúa cunha intensa semana de cursos tecnolóxicos, contacontos, presentacións literarias e obradoiros creativos, como a elaboración de queixos ou ovos de Pascua de chocolate. A Casa da Cultura e a Biblioteca Antelana acollerán boa parte das propostas.

Un dos momentos máis agardados será o concerto da Orquestra Kubo, que actuará o Domingo de Ramos ás 19:00 horas na esplanada do Toural. Tamén destaca a segunda edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo, que se desenvolverá durante dúas xornadas no Casino Antelano, e a actividade especial dos auto tolos, un paseo motorizado para cativos polas rúas do casco histórico que require inscrición previa.

A programación complétase con tres actos relixiosos principais: a bendición dos ramos e procesión desde a Igrexa Vella o domingo 13 ás 12:00 horas; a procesión de Xesús na Horta das Oliveiras o xoves 17 ás 19:00 horas; e a do Santo Enterro o venres 18 ás 21:00 horas, ambas dende a Igrexa Nova.

Imagen de WhatsApp 2025 04 08 a las 11.42.36 23329b7b

Paralelamente, como accións orientadas á conciliación familiar, desenvolveranse o campus de inglés Easter Camp e o campus deportivo de Ociosaugal, cunha oferta complementaria que reforza o compromiso do Concello co apoio ás familias durante o período vacacional.

Segundo declarou o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, “trátase dunha programación variada, completa e aberta a todos os públicos, cunha especial atención á infancia, que poderá participar en actividades lúdicas, culturais e educativas nun ambiente seguro e accesible”.

PROGRAMACIÓN DETALLADA:

SÁBADO 12 DE ABRIL

  • Concerto de Primavera – Agrupación Musical da Limia   17:30 h – Casa da Cultura

  • DOMINGO DE RAMOS – 13 DE ABRIL

  • Acto relixioso: Bendición dos Ramos e procesión dende a Igrexa Vella - 12:00 h
  • Sesión vermú con LETHX SOUND  13.30 h - Praza Maior
  • Orquestra KUBO   19:00 h – Esplanada do Toural

  • LUNS 14 DE ABRIL

  • Curso de Realidade Virtual con Oculus Quest  11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura
  • Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

  • Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate   16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura
  • Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.


    MARTES 15 DE ABRIL

  • Curso de Introdución á Impresión 3D   11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura
  • Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

  • Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate   16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura
  • Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.


    MÉRCORES 16 DE ABRIL

  • Obradoiro de Elaboración de Queixos   12:00 h – Casa da Cultura
  • Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

  • “A árbore das palabras” – Contacontos  17:00 h – Biblioteca Antelana

  • DO 7 DE ABRIL AO 12 DE MAIO

  • Exposición fotográfica: #Unsentimento   Casa da Cultura

  • XOVES 17 DE ABRIL

  • “A terrorífica historia de Aba” – Contacontos   18:30 h – Biblioteca Antelana
  • Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Xesús na Horta das Oliveiras - 19:00 h

  • VENRES 18 DE ABRIL

  • Presentación do libro “Pero… como morren as pegas”   20:00 h – Biblioteca Antelana
  • Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Santo Enterro - 21:00 h

  • SÁBADO 19 DE ABRIL

  • Homenaxe a José Gil, practicante de Xinzo de Limia   12:00 h – Salón de Plenos do Concello
  • Entrega da Medalla de Ouro do Concello a título póstumo

  • II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo   16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes
  • Auto tolos  17:00 a 19:00 h – Praza Maior e rúas de Xinzo
  • Paseo en auto tolo para cativos, previa inscrición. Prazas limitadas.


    DOMINGO 20 DE ABRIL

  • II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo (continuación)  16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes
  • Concerto de Marta Bravo e Serxio Tannus: Alegría  13:00 h – Praza Maior

    Cartel Semana Santa 2025   Xinzo de Limia