Seguimos FACENDO ENTROIDO
É unha mostra que merece ser vista
Nos espazos culturais de Ágora-Sonia Trigo en Xinzo da Limia existe unha sala de exposicións no piso primeiro que abriu unha mostra ao publico o día 5 de abril as seis da tarde. O nome non pode ser máis suxestivo: Seguimos FACENDO ENTROIDO.
Esta exposición está moi en concordancia coa identidade limiá cuxa alma está tan unida a festa do Entroido que xa é patrimonio histórico da humanidade. Os que viaxaran e tiveran a oportunidade de coñecer o carnaval noutras latitudes e aquí en Xinzo poden darse conta da grandísima importancia desta festividade que sucede como festa pagana antes da Semana Santa, e do cambio das estacións. Nelas o elemento de transformación, o creativo, ser outro, ser outra, iniciar un mes de ruptura co cotián, permitirse a entrada noutra dimensión do tempo é a esencia do entroido.
Podemos ver colorido, moito movemento, alegría e tamén interpretacións xocosas das realidades políticas. O carnaval tende a ser bailes e tamén exceso, no parece haber límite senón o da propia liberdade.
Esta mostra é proposta pola empresaria Sonia Trigo quen ofrece os espazos de Ágora para o desenrolo dunha proposta esencialmente transformadora e é por elo que denominase seguimos FACENDO ENTROIDO.
Invítanos a continuar xunto aos artistas: Goretti Maronas, Ana de Trasar e Edelmiro Martínez Cerredelo creando propostas inspiradas no entroido. Aquí coñecemos a faceta de artista plástica de Sonia Trigo e podemos ver as distintas versións da Dama Da Lagoa. Podemos contactar coa enerxía da Dama da Lagoa transformada polas técnicas do debuxo, a pintura.
“Lo que me impulso primero es que estamos en Xinzo. Observé estos últimos diez años que en esta villa durante el Entroido la gente se transforma. Es alegría, colorido, movimiento. Yo lo vivo de cerca en Xinzo, pero ahora es toda la provincia. Parece que no hay otra cosa. Yo tengo una habilidad de juntar lo mejor de cada casa, por ejemplo, Miro, sus fotografías y las crónicas, Goretti con su colorido y sus diferentes matices transgresores que al final viene siendo como Ágora, Ana de Trasar con sus hermosos diseños. Tal vez no te vas a encontrar con una pantalla tradicional, pero si con la esencia del colorido y la alegría de crear algo diferente” (Sonia Trigo).
A artista Goretti Maronas móstranos en todas as súas creacións ao Entroido utilizando esencialmente a técnica téxtil, pero demostrando que tamén pode utilizar tódalas técnicas como o debuxo, a pintura, para transformar un obxecto no Entroido. Calquera obxecto pódese reutilizar e converter nunha peza chea de harmonía e beleza. Pero neste caso invítanos a unha caligrafía pictográfica chea de colorido e movemento. Os trazos que se forman co tecido de cores, as máscaras e os maniquíes nas fiestras invítannos dende lonxe a desfrutar. Tal vez desde Dende a Limia poderiamos dicir que entréganos unha narración de múltiples historias nas súas creacións.
Realmente o que fora ao Entroido de Xinzo pode darse conta de que cada día nas rúas hai historias múltiples e cada persoa transformase de personaxe moitas veces.
A Deseñadora Ana de Trasar utiliza a Pantalla como inspiración de versátiles deseños de corpiños elaborados con teas recicladas onde a máscara pasa a formar parte do corpo. Cinguese, xa non a cara senón ao corpo da muller neste caso. Notamos que os botóns da exposición están colocados de tal forma que permiten ler o nome de Xinzo. Realiza unha reinterpretación da Dama da Lagoa nun traxe, como si por un momento puidéramos ser esa lenda que nos fala dunha lagoa que, aínda non vemos forma parte do inconsciente colectivo da Limia.
Miro Martínez Cerredelo ilústranos novamente coas historias do entroido e cede unha serie de fotografías que foi coleccionando e na cal podemos ver a personaxes de Xinzo e distintos carteis de épocas pasadas. Sobre a mesa os seus libros, entre outros o que describe as vivencias desos comezos entroideiros. Relátanos como o traxe da pantalla facíase de moitas formas.
Alba Ferro fixo unha presentación breve, e moi amena. Deixou a palabra para demostrar que nesta exposición a madriña é unha moi boa presentadora. Ela entrelaza a historia coas distintas voces narrativas dos artistas permitindo a entrada a esta primeira planta de Ágora coa voz de cada un deles.
A degustación era tamén unha mostra estética onde as mazas vermellas acercábanse aos queixos e as fresas para incitar a ser comidas, gustosa y pracenteiramente comidas…
É unha mostra que merece ser vista todo está transformándose as caras e maniquíes nas fiestras chámannos a visitalas. E dinnos que seguimos FACENDO ENTROIDO. Non a perdan.