Longa xornada para o A.B. Xinzo
Grandes logros que van facendo lider os diferentes equipos do A.B. Xinzo
Veteranos
Os veteranos xogaron en Teo, e perderon contra Galogrin
Sénior
Os sénior masculinos seguen imparables, sexta vitoria consecutiva, o marcador quedou 43-81. Comezaron a tempada 0-3, para remontar ata atoparse 6-3. Van segundos na clasificación, onde os 4 primeiros equipos atópanse empatados a vitorias e derrotas, e o 5 atopase a unha menos, o que quere dicir que a clasificación esta moi reñida. A vitoria foi doada, o equipo líder, o Rosalía, tivo un mal partido que os do A.B aproveitaron para sacar a lucir a súa mellor defensa, o que os fixo pórse por riba con case 40 puntos de diferencia.
As sénior femininas xogaron contra o Depordima, o xoves da semana pasada, un partido que estivo moi igualado ata o último cuarto, pero onde as baixas fixéronse notar, facilitando a vitoria para Depordima.
Junior
Os junior xogaron o ultimo partido da competición, onde saíron vitoriosos contra o Blanco Amor. Inda así remataron segundos, sen poderse clasificar para as semifinais. Agora están a prepararse para a Copa Deputación.
Cadetes
O cadete masculino perderon contra Bosco-Salesianos.
Infantil
As infantís 2011 xogaron contra Maside, vitoria para Maside.
Os infantís 2011, xogaron o sábado contra o Verín, vitoria para os do A.B.
Minis
As minis femininas 2013 xogaron contra Depordima, por tan so 3 puntos as limiás foron derrotadas.
Os minis 2013 de Liga Galega, xogaron a Copa Xunta en Ribadeo, con vitoria para o Ribadeo.
Os minis 2014 tiveron dobre xornada, o sábado a tarde xogaron contra o BBall e logo o luns xogaron contra Barbadas, en ambos partidos perderon. Son nenos de primeiro ano, que están no grupo polo título, e loitan contra os 3 mellores da competición, o que demostra que están mellorando e loitando.
Preminis
As preminis femininas gañaron o domingo, pola maña, a Maside.
Os preminis masculinos , o sábado a maña, o Bosco Salesianos, que tamén esta no grupo polo titulo, e pode optar a quedar entre os 4 primeiros.