Pleno de concordancia

Pleno de concordancia

Un pleno tranquilo antes da Semana Santa

O pleno deste xoves deu inicio cun minuto de silencio, polo asasinato acontecido durante o fin de semana no Concello de O Bolo.

Unnamed (5)

Despois deste acto de repulsa, procedeuse a lectura e desenrolo das ordes do día, onde se mostrou unanimidade por parte de todos os partidos políticos a hora de aprobar cada un dos puntos do día, tanto para a reiteración da solicitude de declaración de Interese Turístico de Galicia da Festa do Esquecemento, como para a asunción da titularidade da concesión de aproveitamento de augas da comunidade de usuarios de augas de Gudín, a licencia urbanística de obras de instalación dun ascensor no CEIP Carlos Casares. 

Comarca máis sostible

Na moción do BNG sobre a declaración do Concello de Xinzo dentro das zonas vulnerables por nitratos, o consenso xeral é que todos os partidos queren que a Limia siga sendo unha comarca de referencia a nivel agrícola e gandeiro, mais sostible e mais responsable, polo que demanda medidas e axudas por parte da Xunta de Galicia e de Medio Rural. 

4

Xa para rematar, a ultima orde do día foi a liquidación dos orzamentos de 2024, cunha cuantiosa cantidade  de 955.000€  de remanente, que permitira financiar obras, infraestruturas, etc. Desta contía, 300.000€ destinaranse a amortizar o Plan de Axuste. A oposición abstívose, sen argumentar o seu voto por parte do PSOE, polo que foi aprobada cos votos do goberno.

Antes dos rogos e preguntas presentouse unha moción urxente, dada a polémica xurdida por o decimo da lotaría nacional onde aparece unha imaxe da Pantalla cuxo texto pódese ler "Ginzo de Limia". Polo que se pide respectar o topónimo, para elo achegarase a moción ao Parlamento e a Xunta, que se porá en contacto co Ministerio de Cultura e Deporte e coa Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado, esixindo o cambio e as desculpas. E intentar que tanto Google Maps, como Wikipedia ou outras vilas que teñan rúas con ese nome o cambien, xa que vulneran os dereitos lingüísticos dos galegos.

2

Nos rogos e preguntas o BNG quixo resolver as dúbidas sobre a Pista da Armada, as obras das avenidas, para evitar o feismo, a creación de baños para persoas ostomicas nas piscinas municipais e as limpezas dos pobos, que comezaran en maio, e onde na app do concello os usuarios poderán atopar as franxas de protección. Ademais da Ponte de Solveira, que probablemente teña que ser asumida polo concello ante a desatención de Medio Rural.

1

O PSOE pediu que se iniciara un expediente de recoñecemento público para o motorista de competición Mini Gp 110, Martín Portela Barreiro, polo exitos acadados. Preguntou pola ampliación do cemiterio, proxecto que se atopa parado ante as dificultades a hora de conversar cos propietarios das fincas, a nova taxa de recollida de lixo que porá en marcha puntos de compostaxe, que xa están instalados pero aínda non se usan e a distribución de compostoiros para uso particular.

3

Un pleno tranquilo, onde reinou a concordancia.