Penúltimo día de clase, último dia de parque
A Semana Santa será pasada por agua e acompañada de baixada de temperaturas.
A borrasca Olivier aproximase a Galicia, para o venres esperase un fenómeno chamado "chuvia de sangue", isto é provocado por precipitacións de auga manchada de terra. Un evento debido a converxencia de dous sucesos, a caída de chuvascos e a chegada de calima ao país.
Principalmente este fenómeno darase no sur da península, pero tamén poderá dárse na comunidade galega. O que si será evidente, será o presenza de polbo do Sáhara no aire, debido a situación de Olivier preto do norte de África.
Esta borrasca vira acompañada de baixas presións, fortes rachas de vento, baixada de temperaturas de ata 10 grados e precipitacións que comezaran o venres pola tarde, podendo ser localmente tormentosas. O sábado esperase que sexa o día mais chuvioso. Para o resto de días as precipitacións serán menores agás o venres que volveran as fortes chuvias para pouco a pouco ao longo da seguinte fin de semana ir disminuindo.