A CHMS realiza plantacións de especies autóctonas nos ríos Miño, Limia e Faramontaos

A CHMS realiza plantacións de especies autóctonas nos ríos Miño, Limia e Faramontaos

Traballos que mellorarán a estabilización das marxenes e evitarán a colonización de alóctonas.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación. 

Esta semana continúan os traballos de repoboación de especies autóctonas en varios canles nos que se detectou ausencia de vexetación arbórea; estas plantacións mellorarán a estabilización de márxes e evitarán a colonización de especies alóctonas nos ríos Miño,  Limia e Faramontaos, o seu paso polos municipios de Ourense, Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia, respectivamente.

“Esta falta de vegetación genera una discontinuidad en el corredor ecológico, aumentando el riesgo de desprendimiento de los taludes de ribera y/o la colonización por especies alóctonas, disminuyendo la resiliencia y el efecto amortiguador de la vegetación de ribera ante las avenidas en momentos de grandes crecidas del cauce” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

1 DZ Rio Limia (Rairiz de Veiga) 20250327 103054607

 Actuacións en execución

Apostado con Salix sp.e Alnus sp. recollido in situ augas arriba e/ou abaixo dos tramos propostos, que permitan recuperar progresivamente a vexetación da ribeira. Estimase que implantaranse 800 estacas.

Plantación manual de frondosas autóctonas no Miño e en Faramontaos; 690 exemplares de Fraxinus angustifolia (freixo), Betula celtibérica (bidueiro) e Acer pseudoplatanus.

O tramo localizado no río Limia repoblaráse con Fraxinus angustofolia, Betula celtibérica, Corylus avellana (abeleira), Crataegus monogyna (espiño branco) e Frangula alnus (salgueiro); excluindose a parte incluida dentro do ZEC Veiga de Ponteliñares.

“Las actuaciones propuestas favorecen la recuperación y funcionamiento de los ecosistemas de ribera asociados a los tramos definidos, aumentando su resiliencia frente al cambio climático” concluiu Quiroga.

Traballos que supoñen unha inversión estimada de 45.800€, e que están enmarcadas no encargo para o Servizo de Conservación e mellora dos canles da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia, cofinanciadas polos Fondos FEDER no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021-2027.

Rio Limia (Rairiz de Veiga) 20250401 085525391