Preto de 50 nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Preto de 50 nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela guiados moi didácticamente por Alex de los Ríos.

Por terceira vez recibimos no Centro de Interpretación a visita do Ceip Rosalía de Castro de Xinzo de Limia si temos en conta tamén a visita da Anpa. Acudiron preto de 50 nenos e nenas de Primaria moi atentos e interesados polo que fixeron moitas preguntas. Viñeron acompañados de catro educadores. Descubriron a Casa da Lagoa e a historia, lendas, flora, fauna, recursos económicos perdidos da primixenia Antela guiados moi didácticamente por Alex de los Ríos.

A visita deu comezo co visionado de tres pezas audiovisuais sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. A continuación percorremos varias salas da planta baixa e alta.

Foto 5 (2)

Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes). Na planta alta repasouse con detalle a fauna e flora típica da Lagoa de Antela e manipularon recursos interactivos relacionados coa emigración das aves o xogo da ra, etc.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa visita e interese esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

Foto 3 (3)