Xinzo acolle un curso de iniciación á realidade virtual con Oculus Quest
13:35 14/04/25
13:35 14/04/25
Tivo lugar na aula CEMIT, na Casa da Cultura
O Concello de Xinzo organizou esta mañá un curso de iniciación á realidade virtual no que as persoas participantes puideron experimentar coas gafas Oculus Quest e coñecer as posibilidades desta tecnoloxía.
A actividade, de carácter gratuíto, forma parte da programación formativa impulsada polo Concello para achegar a innovación tecnolóxica á veciñanza e fomentar o uso responsable das novas ferramentas dixitais.
O curso incluíu contidos introdutorios e prácticas inmersivas guiadas por persoal especializado.