​O Concello de Xinzo pon en marcha os campus de Semana Santa cunha aposta pola conciliación, a educación e o deporte

​O Concello de Xinzo pon en marcha os campus de Semana Santa cunha aposta pola conciliación, a educación e o deporte

Unha maneira de facilitar a conciliación e promover a aprendizaxe

O Concello de Xinzo de Limia vén de dar comezo esta mañá aos dous campus infantís previstos para o período vacacional de Semana Santa: o Campus de Inglés e o Campus Multideporte. Ambas iniciativas teñen como obxectivo ofrecer ás familias do municipio unha alternativa de conciliación útil e enriquecedora, ao tempo que promoven valores como a aprendizaxe, a convivencia e a actividade física entre os máis pequenos.

1000058648

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, xunto coas concelleiras Ángeles Martínez e Cristina Campero, achegáronse hoxe aos espazos onde se desenvolven os campus para darlles a benvida ás nenas e nenos participantes e coñecer de primeira man o funcionamento das actividades.

Unnamed (12)

“As familias precisan recursos que lles axuden a conciliar, pero tamén que garantan contidos de calidade. Estes campus combinan diversión con aprendizaxe, e iso é clave”, destacou o rexedor.

Unnamed (10)

Os dous campus desenvolveranse ao longo desta semana, cun amplo abano de propostas adaptadas por idades e coordinadas por persoal especializado. O Campus de Inglés céntrase na práctica lúdica do idioma, mentres que o Campus Multideporte aposta por hábitos saudables a través da actividade física.

Unnamed (14)