Aumento de venezolanos no último trimestre

Aumento de venezolanos no último trimestre

O número total de veciños segue en 9.764, aínda lonxe dos ansiados 10.000

Xinzo esta a piques de chegar aos 10.000 habitantes.

Como xa avanzou este xornal no mes de decembro de 2024, o Concello de Xinzo tiña 9.764 habitantes, pertencentes a 39 nacionalidades diferentes.  Neste marzo de 2025 volvemos a contrastar os datos, a ver si de aquí a finais de ano, acadamos o tan ansiado número de habitantes.

No censo de marzo do 2025 podemos observar como houbo algunha variación:

Tabla censo marzo 2025 (1)

Evolución trimestral do censo de Xinzo

Inda que os 3 primeiros países con maior número de habitantes (exceptuando os españois) seguen sendo: Venezuela (153), Marrocos (123) e Portugal (115), neste dous últimos produciuse un descenso considerable, 18 persoas menos, pola contra Venezuela aumentou o seu número en 9 persoas mais.

No resto de países vemos que as variacións ou foron nulas ou en cantidades moi pequenas, cabe salientar que en persoas de nacionalidade española (8988) produciuse un aumento de 4 persoas, que a priori poden ser poucas, pero si vemos a súa evolución, é moi boa noticia porque iso quere dicir que aínda que o número de falecementos segue sendo maior que os de nacementos, pouco a pouco poderase volver aos datos de fai un ano ou incluso superalos. 

Sigamos atentos a como evoluciona o censo.

Evoluciu00f3n extrageru00eda page 0001 (1)