Ferida unha veciña de Xinzo nunha explosión de gas na súa vivenda.
A afectada non precisou ser trasladada ao centro hospitalario.
Onte a tarde en Xinzo, ao carón das 16:30 h, unha muller resultou ferida tras unha explosión de gas na súa vivenda, na Avenida de Ourense.
Segundo informou o 112 Galicia, a propia afectada chamounos porque había escoitado unha forte explosión cando estaba usando o forno eléctrico. A raíz da explosión dúas fiestras da súa vivenda desprendéronse, unha delas caeu o patio interior do edificio.
Ata o lugar trasladáronse o 061, os Bombeiros, a Garda Civil e a Policía Local. Segundo revelaron as investigacións, o incidente estivo motivado por unha pequena explosión provocada por unha bolsa de gas nunha tubaxe.
A afectada sufriu queimaduras nun brazo e foi atendida no lugar polos servizos sanitarios, sin necesidade de ser trasladada ao centro hospitalario.