Curso de iniciación á impresión 3D para nenos e nenas en Xinzo
16:20 15/04/25
16:20 15/04/25
Tivo lugar na Aula Cemit da Casa da Cultura
Esta mañá tivo lugar en Xinzo un curso de iniciación á impresión 3D orientado a nenas e nenos, cun enfoque práctico e lúdico para descubrir os primeiros pasos nesta tecnoloxía.
Durante a actividade, o alumnado puido deseñar os seus propios bocetos personalizados, que lles serán entregados como agasallo unha vez estean todos impresos.
Trátase dunha das propostas organizadas polo Concello de Xinzo nestas datas de Semana Santa, combinando aprendizaxe, creatividade e tecnoloxía adaptada á infancia.