Descubrindo os segredos dos gofres e galletas de Pascua co obradoiro de reposteria no PAI de Sandiás
Para cociñar as galletas botaron unha man Miguel, o cociñeiro e Gabriela, directora do CEIP de Sandiás.
O pasado venres 11 de abril foi un día moi especial para os máis cativos da “casa” xa que se celebrou no Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás un Obradoiro de Reposteria, coa colaboración de Ana, mestra reposteira do Restaurante Novaiño, que trouxo dúas receitas e quixo amosarnos os segredos dos gofres e galletas de Pascua. Ambas as receitas foron elaboradas de maneira saudable.
Gofres:
. Plátano
. Fariña de avea
. Ovo
Galletas:
. Fariña de millo
. Ovo
. Margarina
Para cociñar as galletas botaron unha man Miguel, o cociñeiro e Gabriela, directora do CEIP de Sandiás. Os nenos e as meniñas pasárono moi ben preparando a mestura cos ingredientes, amasando e logo facéndolle con imaxinación formas ás galletas (coelliños, ovos, cenouras...)