​Xinzo acollerá un seminario sobre educación, migración e diversidade cultural do 23 ao 25 de abril

​Xinzo acollerá un seminario sobre educación, migración e diversidade cultural do 23 ao 25 de abril

"Educación e participación na construcción normativa das comunidades de acollida"

O Concello de Xinzo de Limia acollerá entre o 23 e o 25 de abril un seminario especializado sobre participación, inclusión educativa e diversidade cultural, co título “Educación e participación na construción normativa das comunidades de acollida”.

O encontro está organizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación Esculca, e contará con mesas redondas, obradoiros e intervencións de profesionais do ámbito educativo e social.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou inscribirse na Área de Educación do Concello, no 988 550 528 (ext. 4). Para recibir certificación, é necesario asistir ao 80% do seminario.

CARTEL XINZO DA LIMIA Abril 2025   Final imu00e1genes 1