"Queremos facer como si fora unha previa, unha precuela o Esquecemento" Rubén Colmenero
A Festa da Arrancada non se celebrará o 26 de abril, debido a problemas loxísticos, quedamos a espera dunha nova data
Rubén Colmenero Ferreiro, natural de Vilar de Santos, estudou Maxisterio e INEF, aínda que non se dedica a iso, actualmente coñecémolo por ser o novo alcalde de Vilar de Santos, aínda que leva anos ligado ao mundo político. Comezou formando parte da Asociación Aguilloar, unha asociación considerada de esquerdas, un tanto guerrilleira, como foron eses inicios?
Aguilloar era un centro social que se fixo na Limia, o que se facía alí era quedar e falar sobre a situación da xuventude na Limia naquel momento. Isto foi dos meus 18 ata os 25.
Aguilloar si que era unha asociación de esquerdas, abertamente, nacionalista galega, pero era un espazo de encontro para toda a xuventude que quixera. Faciamos actividades, desde campionatos de futbolín, festivais, as olimpíadas rurais empezamos facéndoas nos.
Agora as Olimpiadas Rurais organízaas o Colectivo Ras, que buscan promocionar a nosa cultura, a nosa lingua e ofrecer un ocio alternativo, dende o 2022.
Inda que este non foi o seu primeiro contacto coa política mais , tempo despois, uniuse a Xuntos por Vilar de Santos, onde foi nas listas. E dende fai 4 anos forma parte do partido BNG.
Polo que vemos o seu interese pola política comezou dende moi novo.
Dende sempre, antes tiveramos outra asociación que se chamaba " Xuventude pola Autodeterminación". Por riba de todo eu e o meu irmán. El é un ano maior ca min, fixo Ciencias Políticas e Dereito, é avogado, el era como a cabeza pensante de todo o grupo.
En realidade sempre me gustou a política pero el foi quen me meteu neste mundo.
Mais aló da política, Rubén sempre foi un apaixonado do deporte, xogando en múltiples equipos de fútbol, como Verín, Antela, Celanova ata chegar a Selección Galega, aínda que a simple vista non parece ter moita relación co mundo político, para el si.
Si, para min sempre estivo ligado a política e o deporte, porque entendo, que o deporte como tal, e un medio transformador tamén en política. ¿A que me refiro con isto? A que co deporte pódese facer política.
Política é facer que a xente se sinta mais identificado co que el pensa. De feito, eu ía a xogar por aí con bandeiras galegas e en moitos dos campos fixéronma sacar.
Inda que por idade considera que xa non pode estar ao nivel dos mais novos, a súa paixón polo fútbol segue estando activa, xa que fai uns anos crearon o equipo de fútbol de veteranos de Vilar de Santos. Que este ano atópanse terceiros para o ascenso.
Rubén antes de volver para Vilar de Santos, tiña claro que a cidade non era para el. No seu regreso atopouse con amigos da infancia que tiñan as mesma inquedanzas que el, e pouco a pouco foron dinamizando o pobo, agora dende a súa posición ten moi claro cal é o camiño a seguir para que Vilar de Santos teña movemento.
Eu creo que o que si que temos claro todos nos e que os pobos viven de xente, e a xente moza é a que nos da vida. ¿Como se fai iso? Pois ofrecéndolle o que lle interesa, aparte dos servizos que xe existen, ese ocio alternativo. A parte da Arca da Noe, que nos da unha vida incrible. Por iso queremos por primeira vez maior visibilidade a cultura celta, xa que temos a Arracada e atopamos un castro, agora con esta festa da Arracada que é o Beltaine, pois empezar a visibilizar a parte cultural, o noso pasado.
A intención con esta celebración, que este ano é a segunda edición, é afianzar un pouco eses anacos de historia que apareceron en Vilar de Santos, a arracada e o castro, e o mesmo tempo que sirva de enlace co Esquecemento. Xa que segundo nos conta Rubén
Dalgunha maneira crese que o pendente, a arracada, se escondeu porque se sabía que ían chegar os romanos , entón, antes de que nos roubaran todos os nosos tesouros, a nosa ideoloxía, a nosa forma de entender a vida como celtas, pois escondeuse, para que cando chegaran eles e se marcharan, descubrila de novo. Entón queremos facer como si fora unha previa, unha precuela o Esquecemento. Veñen os romanos, vámonos preparar e despois baixamos a Limia a combater.
Polo que nos convida a todos o día 26 de Abril (aplazado por problemas loxísitcos), despois da Semana Santa, a asistir a representación histórica de como se escondeu a Arracada, as diferentes actividades, como as olimpíadas celtas, lanzamento de ballesta, de arco, etc onde agradece asistir vestidos de celtas para darlle maior representación, xa polo noite haberá concertos e unha cea con porco ao espeto. Para esta festa van contar coa colaboración da Asociación Civitas Limicorum.
Inda que o seu nome é Rubén, todo o mundo o coñece por Pisto, de feito son poucos os que o chaman polo seu nome, un alcume curioso cunha historia detrás aínda mais curiosa.
Chámanme pisto dende que teño 6 anos. Cando fun o colexio a primeira vez, en Rairíz, en primeiro de primaria, e os de octavo atoparan unhas pistolas. Que despois entereime que eran dun tío meu (ríese), a vida tamén é moi caprichosa. Pois colleron as pistolas e leváronas ao colexio, e puxeron latas e disparaban, no colexio, imaxínate, fáloche do ano 93-94. Evidentemente houbo un revuelo tremendo, tanto en Vilar de Santos como en Rairiz, entón a xente comezou a falar dos pistoleiros, eu ese ano empecei a quedar no colexio, e un dos que anduvera cas pistolas era primo dun amigo meu, e díxome : "Ei Pistolero, xa estas aquí", e dende aí xa quedou. Despois ao xogar o fútbol recoñecese perfectamente o Pisto antes que Rubén. Rubén cantos hai? Pisto hai un.