José Gil "Pepe o practicante" xa ten a medalla de ouro do concello de Xinzo
Tamén o recoñecemento público por parte do pobo de Xinzo, a título postumo
Esta mañá o salón da Casa da Cultura de Xinzo, volveu a vivir uns deses momentos para o recordo no acto de entrega da medalla de ouro do concello a título póstumo a José Gil Paz, coñecido por todos os habitantes a partir dos 70 e ven entrado o século XXI como " Pepe, o practicante".
Ao acto presidido polo alcalde Amador Díaz. ao que acompañaban Carlos Gómez, como concelleiro de Cultura e Elvira Lama, portavoz do PSOE na corporación local, asistiron moitos amigos, coetáneos de Pepe e algún dos que el xunto coa súa dona axudaron a nacer e moitos dos que, como se recordou por parte de Luis Miguel Gil, sobriño, sufriron de nenos as inxeccións que ía subministrando casa por casa, e como tamén se viu no vídeo en bicicleta e na súa vespa azul, coa que percorría todos os pobos do concello.
Shaila e Marosi
A parte musical do acto estivo a cargo do pianista Andres Piñeiro e das cantantes Shaila González e Marosi Saburido Gil, tamén sobriña de Pepe.
Os fillos fillos recibiron da man do alcalde a medalla de ouro e o documento que acredita a seu pai o recoñecemento público do pobo de Xinzo, pecando o acto un dos fillos, Cesar, que no seu discurso soamente deu as grazas as autoridades por ese recoñecemento e por suposto a todos os presentes, amigos e coñecidos de Pepe, a vez que invitou a todos a participar nun viño ofrecido pola familia no vestíbuloda Casa da Cultura, no que departiron todos os que acudiron ao acto de homenaxe