Nós deseñamos un satélite para detectar vida nun suposto planeta ou satélite, levamos diferentes sensores e aparatos para ser contaminados por algún “organismo” con vida.

Un limiao constrúe, xunto con compañeiros, un mini satélite para un concurso da Axencia Espacial Europea

Daniel, Antón (no medio),Iñigo
Un limiao constrúe, xunto con compañeiros, un mini satélite para un concurso da Axencia Espacial Europea

Será lanzado o próximo 23 dende Cerceda esperando quedar campións para representar a Galicia na fase nacional que se levará a cabo en Oimbra.

Este próximo mes de maio terá lugar no aeródromo de Oímbra-Verín a final nacional do programa CANSAT da Axencia Espacial Europea que organiza a Consellería de Educación.

IMG 20241218 115916

Compañeiras no mesmo proxecto Sofía, Sofía, Irene, Inés e Goretti 

Antón Ferreiro, un alumno da Baixa Limia, que cursa 1º Bacharelato no STEMBach, está a participar neste programa cun equipo de 6 compañeiras e compañeiros de curso.

Antón, cóntanos en que consiste o proxecto...

CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

IMG 20241218 120212

Máis compañeiros do equipo Niko e Javier

Debemos adaptar os sistemas que se atopan dentro dun satélite de verdade, enerxía, sensores, un sistema de comunicación, nun tamaño moi pequeno para que sexa lanzado por un foguete ou un dron a unha altitude dun quilómetro. Durante a caída terá que recompilar e transmitir os datos a unha estación de terra, onde estaremos as persoas que compoñemos o equipo, recadando os datos transmitidos, como se faría nun lanzamento dun satélite real.

Realmente é unha competición a nivel europeo, onde participan equipos de todos os estados membros da ESA (Axencia Espacial Europea). Este ano, por primeira vez, será en Galicia a final nacional.

A Consellería de Educación está a traballar para seleccionar o equipo que representará a Galicia, teremos o lanzamento dos minisatélites da fase galega o próximo mércores 23 no aeródromo de Cerceda.

Cats1

Canto tempo levades preparándoo?

No noso caso, levamos con este proxecto dende hai varios meses. Ademais de crear unha carcasa para o satélite, montar a electrónica dentro, deseñar e fabricar un paracaídas e unha antena receptora, enviar e recibir datos, debemos deseñar unha misión para o satélite, algo que teña un obxectivo claro.

Podes comentar algo da vosa misión?

Realmente é o máis complicado de todo o proxecto, escoller un obxectivo de interese  científico para lanzar un satélite, deseñar e construír todo o que leva ao seu arredor, metelo nunha carcasa do tamaño dunha lata de refresco, realizar o estudo dos datos recollidos, obter conclusións, elaborar o informe da misión e que o xurado o vexa de utilidade e lle guste... non é doado.

IMG 20241126 111931B

Niko e Paula, compoñentes do equipo.

Nós deseñamos un satélite para detectar vida nun suposto planeta ou satélite, levamos diferentes sensores e aparatos para ser contaminados por algún “organismo” con vida.

Como levastes o traballo?

Distribuímonos en grupos, unhas compañeiras deseñaron carcasas en 3D, outro equipo deseñou e fabricou paracaídas e antena, outro máis dedicámonos á programación, outro centrouse na misión científica, e outro dedicouse á comunicación, conseguir patrocinios para comprar material, publicitar o traballo no centro, nos medios, en redes sociais, etc. Foi un traballo que nos fomos repartindo en función dos intereses e habilidades de cada persoa.

Cats2

Como está a ser a experiencia participando en proxectos de innovación deste tipo?

Trátase dunha actividade moi interesante, leva moito traballo e dedicación, pero merece moito a pena participar en proxectos deste tipo.

É un proxecto do ámbito STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Matemáticas) que, no noso centro, Compañía de María de A Coruña está a realizalo o alumnado que cursamos o STEMBach, en 1º de Bacharelato. Tamén estamos iniciando a alumnado de cursos inferiores para que se animen a participar en próximas convocatorias, pois, a Consellería de Educación, dende este ano, permite apuntarse a alumnado dende 6º de Educ. Primaria, con carácter non competitivo, algo que o noso centro xa está a realizar.

Creo que esta iniciativa da Consellería, ampliar as etapas de participación, fomentará a participación do alumnado dos centros galegos, de feito, este ano lánzanse 40 minisatélites, tanto en categorías competitivas coma non competitivas.

Xa por último, quería animar a todo o alumnado galego a aproveitar estas iniciativas de innovación, tanto da administración educativa como doutros ámbitos públicos ou privados e participar nas actividades de calquera tipo, xa sexa científica, tecnolóxica, literaria, artística, etc., pois axúdannos a incrementar a motivación polo coñecemento e estimular o traballo e a aprendizaxe construtiva.