Camión accidentado nunha pista de entrada a Xinzo

Camión accidentado nunha pista de entrada a Xinzo

Unha vez máis o GPS enviou ao conductor por un lugar equivocado

Durante case todo o día un camión de gran tonelaxe estivo obstaculizando unha das pistas de entrada da autovía, concretamente a que vai parella a gasolineira Antela ata o pobo de Baronzás.

2

A media mañá un camión de gran tonelaxe que transportaba taboleiros de madeira para unha fábrica de Xinzo, nun dos cruces botouse fora da estrada metendo todas as rodas traseiras dun lado nunha finca.

3

Segundo declaracións do propio condutor, procedente de Lugo,  o GPS enviouno por esa pista, aínda que ao vela desconfiou e preguntoulle a unha persoa que estaba precisamente na entrada, comprando unhas laranxas nun posto que todos coñecemos e indicoulle que si que podía pasar que non había problema. A penas 300 mt. máis adiante ao tratar de cambiar de dirección as rodas de atrás, por mor das abundantes choivas, tamén, botáronse fora tendo que parar.

5

Ata alí se desprazaron membros da Policía Local que como é preceptivo lle fixeron as probas de alcohol e drogas, dando negativo, e segundo manifestacións do condutor, agradeceu enormemente o bo facer dos membros da policía local que ata o invitaron a comer.

GRÚA DE GRAN TONELAXE


Ata ven entrada a tarde non chegou a grúa para sacar o camión do sitio, non sen bastante dificultade, porque precisamente por riba de onde estaba emborrancadao pasa unha liña de corrente.

Unha vez posto o camión na estrada o condutor puido seguir camiño e entregar a mercancía en Xinzo.